Donde viven los cuentos- “A aventura de Daniela pirata” na Biblioteca Pública Municipal José Saramago do CSC das Fontiñas
O martes, 27 de xullo do 2021, recibimos a visita dunha pirata moi divertida. Escoitamos as aventuras de Daniela pirata e intentando emulala realizamos unha serie de probas para chegar a ser, nós tamén, uns piratas. Así tivemos que preparar unha sopa ou buscar un tesouro… probas que @s cativ@s superaron con éxito e moito sentido do humor. Donde viven los cuentos narrou un conto sobre a igualdade que encantou @s cativ@s. Foi unha mañá moi entretida, esperamos vernos de novo!