Estrea mundial do espectáculo “FRUMARIO O BIBLIOTECARIO” de Manuel Pombal en BiblioPazos
Hoxe demos por rematadas as actividades do programa LER CONTA MOITO na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén coa estrea mundial do excelente espectáculo “FRUMARIO O BIBLIOTECARIO” de MANUEL POMBAL no que “da man dunha personaxe moi especial os nenos e nenas descubriron os segredos máxicos que se esconden nos andeis da biblioteca. Dinámicas escenas de fantasía, asombrosas narracións, ciencia, poesía, música,… sorprenderon aos participantes, animándoos a buscar os tesouros que a lectura nos ofrece: Emoción, misterio, diversión… E o máis importante: Todo nun mesmo lugar, a nosa biblioteca.”