LER CONTA MOITO, NO DÍA DA ASTRONOMÍA EN BARRO. MIRANDO AO CEO
Deuses, deusas, heroes, herororínas, estrelas, planetas, contos, ceo todo iso e máis contounos Charo Pita.
Encantadísimos de escoitala no conta contos MIRANDO AO CEO.
UNÍMONOS Á SEMANA MUNDIAL DO ESPAZO, cunha mostra dos nosos fondos.
Botádelle un vistazo a estas webs seguro que atopades moitas curiosidades.
Observatorio Astronómico Nacional:
A choiva das dracónidas é visible no hemisferio norte entre o 6 e o 10 de outubro, e o seu momento de máxima actividade sucede cara ao día 8 de outubro.
O 2021 será un ano excelente para a observación das dracónidas debido a que o seu momento de máxima actividade será pouco despois do novilunio do día 6 de outubro. A máxima actividade da choiva espérase que teña lugar sobre as 19 horas (hora oficial peninsular) do día 8 de outubro, polo que a mellor noite para a observación debería ser a do 8 ao 9 de outubro; a Lúa será case nova, o que garante un ceo escuro durante toda a noite.