Entre bechos anda o conto, na Biblioteca Os Templarios (Cambre)
Este xoves, día 14 de outubro, tivemos unha sesión de narración oral na Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre). A compañía Galeatro centrou a atención das nenas e nenos na importancia dos distintos bechos para a conservación do medio natural, fomentando o respecto e coidado dos animais.