OS CONTOS DE OS RATOS DE LONXEDETODO NA ALM XOSÉ NEIRA VILAS DE TOURO
Un grupo de nenos, nenas e maiores escoitaron na tarde do pasado venres Os Ratos de Lonxedetodo, que contaxiaron a grandes e pequenos o gusto pola lectura. Estes ratos utilizaron a música, a comedia e diferentes recursos para contar os contos, cheos de aventuras. Foi unha tarde divertida de contos.