CONTOS PARA PASALO DE MEDO EN ALDÁN…
A señora Antonia chegou á biblioteca de Aldán co seu sombreiro picudo, nariz afiada, verruga no rostro, a costa encurvada, andar decidido e saia morada. E contounos unha chea de contos de bandidos, pantasmas, morcegos e almas, facendonos pasar unha tarde chea de humor, amor e terorrrrr.