Contos do mundo na Mezquita
CONTOS DO MUNDO é un proxecto de educación multicultural que promociona valores coma o respecto e a solidariedade entre nenas e nenos de 5 a 10 anos. A través da narración e representación de varios contos, recollidos en 5 libros editados por Solidariedade Internacional de Galicia, acheganse as nenas e nenos a cultura de países coma Guatemala, Senegal ou Palestina.
A través dos sentidos favoreceremos entre as nenas e nenos o coñecemento doutros lugares do mundo nas que se viven realidades distintas as nosas e deste xeito afianzaremos valores de cooperación, tolerancia, respecto a diversidade ó tempo que fomentamos a lectura.