Ó principio, Electra, presentoulle ós asistentes Rosiña, a galiña poñedeira que vai ser o fío condutor da actividade.
Electra ensínolles os ovos que puxo no seu curral Rosiña. Eran a imaxes de personaxes de contos: Caperucita, a avoíña, Pinocho, a Sirenita, un cerdito….
Despois os nenos asistentes, seguindo unha receita que lles deu Electra, crearon os seus propios personaxes.
Charo Pita trouxo a esta biblitoeca o Curral de Cocorico. Durante 1 hora aproximadamente estivo cos seus contos e cancións animando as crianzas de 1 a 3 anos a ter as súas primeiras experiencias coa música e a narración oral. A actuación foi do agrado dos país das crianzas.
Asistiron á sesión 10 crianzas e 11 pais.
As crianzas asistiron a unha actividade que logrou manter a atención dun público moi especial (1 a 3 anos), grazas á simpatía e habilidades de Charo Pita que con cancións, xogos e obxectos sonoros conseguiu unha tarde “máxica” porque tamén utilizou o libro da súa autoría titulado Maxia.
O luns 24 de outubro pola tarde, Títeres Cachirulo fixo que rapaces e maiores puideran pasar unha tarde divertida coas historias de “Alicia no país das marabillas”, a actuación que tivo unha duración aproximada de 50 minutos fíxose curta.
Nesta sesión de animación á lectura feita por Servando Barreiro fundironse a narración coa música e a poesía para falarnos de que é posíbel un mundo donde a xente viva en armonía coa natureza e a solución ós problemas xurda dos nosos corazóns.
A maneira de contar as historias nos leva ó mundo dos trovadores de antaño.
O pasado lúns 3 de Outubro, visitou a nosa biblioteca Francisco J. Otero co espectáculo Divermaxia.
Ó longo dunha hora pasou revista a 6 contos misturados coa maxia.
Antes de desenvolver as diferentes historias, preguntóulle as cativas as diferencias entre os libros para nenos e os de adultos. Nese intre comenzaron as sorpresas porque empezou a arder o libro que estaba mostrando ó público.
Os relatos foron os seguintes:
Tanto as nenas como as suas nais colaboraron co mago no desenvolvemento da sesión.
Ó remate despedíronlo con unha forte ovación.
As personas asistentes á sesión saíron moi satisfeitas co espectáculo e fíxolles curto.
O pasado día 26 de outubro, os rapaces e rapazas, así como os adultos que os acompañaban, disfrutaron na Biblioteca de Oseiro “Dora Vázquez”, do espectáculo “Contos para un caldiño” de Baobab Teatro. Con música, teatro e danza, os grandes protagonistas foron os asistentes, que participaron activamente da actividade.
.
No día de onte 19 de outubro, Leo Leiño co seu espectáculo “Maxia Cómica”, foi a encargada de amenizar a tarde tanto aos rapaces como aos adultos que acudiron a Biblioteca. Durante unha hora os asistentes desfrutaron de números de maxia, que fixeron a ledicia de todos os asistentes
Séguenos