Príncipas e princesos na biblioteca de Valga
En Valga divertímonos con “Os contos de Pablísimo”, un contacontos no que se fixo fincapé en temas de igualdade. O público desfrutou durante 40 minutos de historias, risas, música e moita aprendizaxe
En Valga divertímonos con “Os contos de Pablísimo”, un contacontos no que se fixo fincapé en temas de igualdade. O público desfrutou durante 40 minutos de historias, risas, música e moita aprendizaxe
Chegaron os ratiños desde Lonxedetodo á biblioteca de Valga. Co “O Ratiño Presumido” tivemos unha moi boa sesión de contos nos que ensinaron a importancia e o valor da igualdade. O rato Fuco e a súa amiga Faifá contaron ca colaboración das mamás e dos papás dos nenos asistentes.
O obradoiro “A escena verbas!”, da compañía Menos dá unha pedra fíxonos pasar dúas horas entretidas. Empregando materiais como cartolinas, tesoiras ou pegamento, os vinte nenos participantes crearon o seu propio espectáculo de títeres. Debuxaron e recortaron os monicreques e encargáronse tamén da escenografía e de poñer a música para despois representar unha obra teatral.
Valga recibiu esta mañá á ilustradora Estefanía Padullés, que impartiu o obradoiro “As superheronías do noso pobo”, centrado en debuxar a mulleres representativas de Valga.
Os rapaces comezaron practicando as técnicas da ilustración con mulleres célebres como a pintora mexicana Frida Kahlo ou a científica alemá María Sibylla Merian. A continuación, tiveron que debuxar a mulleres valguesas, pero non soamente famosas, senón tamén a mulleres representativas e importantes para as núas vidas: nais, avoas ou mestras foron algunhas das eleccións.
Contacontos do raposo Rufo que trata sobre a reciclaxe, a natureza e o seu coidado, no que fixeron partícipes aos nenos ensinándoos a reciclar. Obradoiro final no que os pequenos desenvolveron o visto na actividade facendo un debuxo reciclando material.
A Biblioteca Municipal de Valga acolleu esta mañá un Aobradoiro de creación de teatros de papel, organizado polas bibliotecas municipais e impartido pola compañía Juste Kamishibai, papel e teatro.
A actividade foi continuación da sesión de contos que tivo lugar a semana pasada no Auditorio, e na que os rapaces asistentes descubriron a técnica pop-up, o kamishibai tradicional xaponés e a narrativa ilustrada do emaki.
Hoxe construíron a maqueta dun teatro clásico coa técnica de varilla vertical, empregando papel e cartolinas. Crearon tamén diferentes escenarios e personaxes a partir de lecturas ou botándolle imaxinación coa invención de historias propias.
Exploración espacial, coñecemos os descubrimentos de Isaac Newton e de Julio Verne. Baseándose nas obras de Isaac Newton e Julio Verne Juan Jesús ensinounos a construír un foguete, obradoiro de investigación que nos estimulou a imaxinación.
Filipa e o seu compañeiro Fran estiveron en Valga contándonos os contos de María Vitoria Moreno, rimos, pasamos medo e cantamos con eles
“Jules Verne, Arquímedes, Antonio Sanjurjo Badía e Issac Peral” e Antonio Garcia Vinuesa estiveron en Valga explicáronnos a construción dun submarino. Unha actividade que promove o interese pola lectura, a ciencia e o traballo en equipo.
Onte, Esteban Acuña de Tarabelos, veu á Biblioteca de Valga co Obradoiro “Contos con Miró”. Primeiro contounos un conto e logo cos personaxes do conto fixemos un cadro. Como vos parece que quedou?
Séguenos