XOGO TEATRAL CON ELEMENTOS NATURAIS EN TRAZO
Obradoiro “Xogo teatral con elementos naturais” no que se lles achegou á rapazada a esencia da educación ambiental.
Obradoiro “Xogo teatral con elementos naturais” no que se lles achegou á rapazada a esencia da educación ambiental.
ABA VEU VIAXANDO NO SEU BARCO PIRATA PARA CONTARNOS HISTORIAS TERRORIFICAS. ELA NON LLE TEN MEDO A NADA E VEU CONTARNOS AS SÚAS HISTORIAS DE AVENTURAS. PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PARA ROMPER OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO.
O Mago Paco veu hoxe a Trazo a facer as ledicias dos nenos e nenas con este espectáculo de animación á lectura .
Mesturou xogos con contos e trucos de maxia. Diversión e contos a partes iguais.
Obradoiro de sensibilización ao acoso que se levou a cabo en Trazo e onde reflexionamos cos nenos e nenas sobre os distintos tipos de acoso apoiándonos en libros con temáticas diferentes sobre diversidade e cunha parte práctica na que idearon o fina l da historia do libro Oliver Button é unha nena.
Hoxe puidemos escoitar a pablo Díaz “Contando números, cantando cores” no Cocnello de Trazo coa asistencia de alumnado de primeiro e segundo de primaria do CPI Viñao Pequeno, que se achegaron ata os anexos da biblioteca a gozar deste espectáculo.
O pasado venres, 22 de xullo, paco Nogueiras visitou Trazo coa súa Radio Bulebule e fixo as delicias dos pequenos e pequenas do campamento de conciliación, que visitaron as instalacións da biblioteca municipal.
O día 15 de outubro tivo lugar na Biblioteca Pública Muncipal de Trazo a actuación Comechíns, na que os cativos e os non tan cativos coñeceron eses invonvenientes relacionados cos alimentos, tan habituais hoxe en día.
A través das historias mergullámonos nun mundo de fantasía no que a verdura, a froita e os legumes foron os protagonistas.
O día do libro tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Trazo un obradoiro no que tod@s @s participantes acabaron converténdose en ilustradores de contos.
O día 24 de outubro na Biblioteca Pública Municipal de Trazo fixemos unha viaxe especial a América Central a través dos contos.
Séguenos