A Ramona pequena vai á lúa, de Pakolas, na Praza dos Libros de Carballo
A Ramona pequena vai á lúa con Pakolas, pero non sen antes pasar pola Praza dos Libros de Carballo! E así foi a pasado venres, 7 de xullo, cando o gran Pakolas presentou o seu espectáculo na carpa da feira e todos os asistentes puideron desfrutar das cancións do seu último libro-QR, editado por Galaxia.
Como nos ten acostumados Pakolas, veu rockeando a tope e animou á carpa enteira cos seus ritmos e cancións. Pasámolo estupendamente!
Séguenos