Pakolas: Ti debuxas, eu c@nto con Ramona Órbita. Pakolas e Laura Romero 18/07/2022
As 11. 00 h., recibimos a visita de Pakolas e Laura Romero, co seu espectáculo: Ti debuxas, eu c@nto con Ramona Orbita:
espectáculo onde a interacción coas nenas/os, a música e os contos, e os debuxos en directo de Laura Romero, quen o acompaña cun montón de cores, se goza da música moi rockeira e do debuxo. Paco Cerdeira guiaranos coa súa forza interpretativa e humor por todas as historias de Ramona Órbita, coa súa voz e tocando a guitarra ao vivo, con Laura aos pinceis, dando unha nova dimensión visual. Paco ven de editar na Ed. Galaxia-Sonárbore o libro-cd Ramona Órbita, a dona do tempo que recolle as cancións, contos e ilustracións.
Séguenos