DEBUXOS ANIMADOS: DO LIBRO Á CÁMARA
O pasado venres visitounos Laura,
Os rapaces e rapazas prepararon os debuxos para facer as películas de animación.
Todo un éxito!!!!
O pasado venres visitounos Laura,
Os rapaces e rapazas prepararon os debuxos para facer as películas de animación.
Todo un éxito!!!!
O pasado martes, a Biblioteca de Teixeiro programou a visita de Pablísimo co seu espectáculo “O Paroleiro”.
Pasámolo moi ben escoitando a Pablísimo e vendo todo o que traia agochado na súa maleta.
OBRADOIRO CIENTÍFICO PARA PEQUENOS HEROES
NA BIBLIOTECA DE TEIXEIRO A CARGO DE HEROES PARA A CIENCIA.
O pasado venres visitaron a Biblioteca de Teixeiro Heroes para a Ciencia.
Relizamos unha serie de experimento que fixeron que os nenos e nenas disfrutaran moito.
O día 27 acompañounos na biblioteca de Teixeiro, Ton Arenas de Mircromina Teatro de Títeres cun obradoiro de cartón, onde os rapaces e rapazas elaboraron monicreques personalizados.
Disfrutamos dunha tarde onde a imaxinación e a creatividade estiveron moi presentes.
O día 20, na BM de Teixeiro, recibimos a visita de José Rivera para realizar o “Obradoiro para Meigas e Bruxos”.
A esta actividade asistiron 30 Meigas e Bruxos que participaron activamente no obradoiro e aprenderon algúns novos trucos da man de José Riveira.
Pasámolo moi ben!!!.
Compartimos estas fotos dos Bruxos e Meigas e dun dos Bruxos practicando as súas novas aprendizaxes
O Luns día de 5 de Xuño, os nosos amigos da Imprenta Tipográfica amosáronlle aos usuarios/as da Biblioteca Municipal de Teixeiro o funcionamento das antigas imprentas.
O contido da actividade foi moi interesante e chamativo pra os nenos.
Grazas por vir, vémonos pronto!!
O día 6 de Xuño, Anxo Fariña veu comprobar a creatividade dos nosos cativos.
O obradoiro foi todo un éxito, os rapaces debuxaron, pintaron e aprenderon sobre a diversidade.
Agardamos verte pronto Anxo!!!
Onte visitáronnos os amigos de Ciencia Divertida.
Os usuarios e usuarias da nosa biblio aprenderon un pouco máis sobre as obras de Julio Verne e sobre ciencia.
Ofreceron unha chea de experimentos nos que puido participar a rapazada e pasar un rato divertido.
Agardamos volver a vervos pronto, amigos de Ciencia Divertida.
Este venres en Teixeiro, recibimos a visita de Fran e Filipa.
Foi unha tarde moi divertida, onde nos fixeron rir moito coas súas historias e cancións.
O venres tivemos o pracer de disfrutar do concerto que ofreceron Jorge Juncal e María Faltri.
Soñando Inventei é un espectáculo no que o público participa acompañando as cancións a través das cales se traballa a diversidade e igualdade de xénero a través das cancións.
Concerto cheo de música e poesía baseado no libro “Fantasía coas Palabras” que fixo que os asistentes pasaran unha boa tarde
Agardamos poder volver a escoitalos, foi todo un pracer.
Séguenos