Contacontos en igualdade
O pasado día 22 de agosto Eduvía vías para a educación realizou una sesión de contacontos en igualdade na Biblioteca Municipal de Irixoa na que participaron nenos e nenas de campamento urbano.
O pasado día 22 de agosto Eduvía vías para a educación realizou una sesión de contacontos en igualdade na Biblioteca Municipal de Irixoa na que participaron nenos e nenas de campamento urbano.
O pasado día 1 de agosto os nenos e nenas que participan no Campamento de verán participaron a actividade “Fotoconto” . Os nenos e nenas foron os protagonistas creando a súa propia historia e sendo as pesonaxes principais. Primneiro fixeron unha foto, crearon unha historia que despois pasaron a un arquivo dixital no que eles eran os protagonistas.
Na biblioteca de Irixoa roubaron un manuscrito moi valioso. Afortunadamente o ladrón deixou restos biolóxicos, e coa axuda dos nenos e das nenas que estaban na biblioteca para celebrar o Día da biblioteca, e usando material de cociña sacamos ADN que atopamos dos ladróns e resolvemos o caso aprendendo que é a biotecnoloxía.
O pasado día 08-05-2017 o mago Martín Camiña realizou na BPM de Irixoa a actuación “As maxias máis máxicas de tódalas maxías. A Maxia de Carlos Casares. A través da maxia achegoulles aos participantes a vida e obra de Carlos Casares. Desde o Vento ferido ata O sol do verán, pasando por As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, viron unha trama tecida na arte do encantamento das palabras de Carlos Casares.
O pasado día 21 de abril celebramos o día do libro na Biblioteca Pública Municipal de Irixoa co obradoiro Creacancións de Miguel Alonso no que os rapaces/as participantes aprendenron a crear as súas propias cancións.
Onte 29 de marzo Galeatro realizou na biblioteca de Irixoa unha sesión de contacontos na que nos mergullamos nun mundo imaxinario, no que as cativas e os cativos -ou non tanto- descubriron como a lectura pode abrir o apetito… E sobre todo, que cousas convén comer para saciar ese apetito.
O pasado día 24 de outubro celebramos o día da biblioteca con Xanela Ocio. Quen di que os sombreiros non contan nada? Contaronnos un montón de historias sombreiros de moitas formas, cores e con experiencias diferentes.
Obradoiro creativo cos pelelliños. Un obradoiro para coñecer estes máxicos personaxes da man do seu creador, inventar novas historias e deseñar novos pelelliños. Cunha chea de debuxos e risas, viaxando ao mundo dos pelelliños.
Lily Gruyere veu desde Lonxedetodo co seu amigo O coelliño branco, un monicreque cheo de tenrura, que protagoniza toda a función. Cancións, números de maxia e o conto dramatizado coa colaboración dos/as nenos/as e adultos asistentes.
O pasado día 29 de xuño Ana Romero trouxonos unha chea de contos que enalazaba con experimentos cos que os nenos e nenas vian que están rodeados de ciencia. Con auga, aceite, bicarbonato sódico fixeron numeros experimentos cos que os nenos e nenas quedaron abraiados.
Séguenos