Maruja Mallo visita Ponteceso da man de Mirari
A nosa pequena homenaxe a figura de Maruja Mallo. Os nenos, observando o cadro do Ciclista, deseñaron un autorretrato do deporte que máis lles gusta practicar.
A nosa pequena homenaxe a figura de Maruja Mallo. Os nenos, observando o cadro do Ciclista, deseñaron un autorretrato do deporte que máis lles gusta practicar.
Dentro das II Xornadas de Xénero, organizadas pola biblioteca, programamos unha actividade adicada aos máis cativos. “Contando en feminino” de Lisístra, acercou aos nenos aos contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
Unha homenaxe a Irlanda e Galicia, a través da magnífica interpretación de Charo Pita, que lle prestou a sua voz a Brian O’Brian, o home que non sabía contar historias. Os nenos de primeiro de bacherelato do instituto de Ponteceso foron os agasallados con estas narracións tradicionais irlandesas.
Os alumnos de teatro do IES Ponteceso foron os encargados de reproducir, mediante un obradoiro de teatro de sombras, algunhas das viñetas do autor, debuxando en cartolinas ou transparencias os personaxes e decorados para despois animalos a través dun teatriño.
Os nenos de Ponteceso rendéronlle a súa pequena homenaxe a Manuel María disfrutando cas aventuras de Mimí e outros contos magníficamente interpretados por Fátima Fernández.
O cómic, considerado xa como o noveno arte, ben se merece o desenvolvemento de actividades, como a que impartiu Xulio C. Dopico a un grupo de escolares do municipio cos que compartiu a historia da banda deseñada a través dos seus creadores e obras máis salientadas. Estivo arroupada por una exposición de cómics da biblioteca.
O sol é a flor do toxo no verán
O sol é unha moeda brillante
O sol é un globo sen cordel
O sol é unha pelota amarela
O sol é a lanterna que alumea para ti
O sol é a lápada que nos matén con vida
O sol é o balón de ouro
O sol é unha labarada detida
O sol é un limón maduro
O sol é unha acesa bombilla
O sol é unha mancha amarela no ceo
O sol é un xeado de vainilla
O sol é o brillo da primavera
O sol é unha tortilla de pataca
O sol é unha xoia tan linda que todo xira o seu redor
Yolanda Castaño e os nenos de terceiro ciclo de Ponteceso e Corme
Tendo como fío conductor a elaboración do pan de millo e a recuperación da memoria dos avós, Migallas Teatro deleitounos con contos, xogos, cancións e bailes. Todos cantamos coa avoa Manuela, o piollo, a pulga,… e, con María e Carlos.
Anxo Moure achegouse coa súa titiricleta ata a biblioteca municipal para deleitar aos cativos dos colexios de Ponteceso e Corme coas súas divertidas historias. Moure fíxonos partícipes dos seus relatos e acabamos cantando e bailando xuntos.
Suso e Josiño explicaron os alumnos de primeiro de ESO o significado e a historia de esta manisfestación cultural, moi importante na comarca de Bergantiños, pero en peligro de desaparición por falta de xóvenes despostos a recoller o testigo dos seus maiores. Os alumnos tamén demostraron a súas habilidades dialécticas.
Séguenos