CONTOS PARA BEBÉS NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE ALFOZ
Trispilistriñas trispilistriñas o que non come non ten barriguiña,
trispilistrolas trispilistrolas o que non come non ten barrigolas..
Trispilistriñas trispilistriñas o que non come non ten barriguiña,
trispilistrolas trispilistrolas o que non come non ten barrigolas..
O sábado 25 de xuño a biblioteca encheuse de maxia coa actuación do mago Pedro Bugarin.
Un espectáculo mui divertido e participativo donde maiores e nenos/as disfrutaron dos xogos de maxia, donde non faltou o humor e a emoción dende o principio ata o final, sin duda repetiremos…
O domingo 22 de maio tivemos a visita do experto en xestión de residuos, o barrendeiro municipal, para axudar aos mais pequenos a coidar o medio ambiente. Pasamos unha tarde con música e contos na que todos/as participamos nas historias que contou este entrañable personaxe. Coas súas historias descubriulle aos mais pequenos como poden axudar para que o noso entorno este coidado e o poidamos disfrutalo.
Cristina Collazo amenizou a tarde deste venres día 15, coa súa particular adaptación da obra “Pepa a Loba”. nesta historia na que se mestura a música e a danza, podemos apreciar valores como a amizade e a rebelión feminina, a protagonista da sobradas mostras destes valores.
O público gozou dunha interpretación de moita calidade e o remate houbo unha ronda de preguntas moi interesantes.
Victor Mosqueira e Josito Porto deleitaron ao público infantil cunha peza de teatro chea de humor e inocencia, unha posta en escea que xira en torno ao valor da amizade, o reciclaxe a hixiene e a solidaridade.
SE AS ÁRBORES FALASEN:
No día de hoxe tivemos a Isa a Moura, mui preto da Biblioteca Municipal, representou “Se as árbores falasen”. Un incendio arrasa con todo o verde no monte, por sorte a fraga non ardeu e alí vive unha nena chamada Flora e ela vae averiguar por que a fraga conseguiu sobrevivir ao lume e o resto do monte non. Historia que mantivo aos nenos mui atentos durante toda a función.
Hoxe na biblioteca Municipal de Alfoz visitounos Marisa Irimia con Poemas e contos con Carvalho Calero. Os nenos disfrutaron con unha achega á poesía do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. Relatos dinámicos onde poideron participar mollados coa chuvia, coas pitas….en definitiva participar e festexar o Día da Biblioteca e das Letras Galegas.
“Maxia de aquí e de acolá” é o resultado dunha mestura entre máxia, comedia e improvisación, onde a participación do público está presente en todo momento. Unha escenificación versátil e áxil que transmite habilidade e enxeño usando elementos cotiáns como una corda, una mesa…elementos que poden emerxer da nada, esvaecerse ou trocar de apariencia.
Hoxe, 18 de setembro, tivo lugar a actuación de Pakolas” Ti debuxas eu c@nto” coa colaboración de Laura Romero. Pakolas encandilou aos nenos/as que asistiron con cancións de rock que falaban de persoaxes dos seus libros ( Gramola Gominola, Ramona Orbita..) ao tempo que Laura oa ía debuxando ao lado del.
Foi moi entretido xa que os rapaces se implicaron moito, ao mesmo tempo fixo moitas alusións a importancia das bibliotecas.
O pasado 25 de outubro, tivo lugar no salón de actos da casa da cultura de Alfoz, una actividade de igualdade e violencia de xénero a cargo de Charo Pita, onde se deu protagonismo ás mulleres de toda condición e idade a través de contos e cancións, con estes contos os nenos veron que non ten que haber barreiras na sociedade. Tódolos asistentes disfrutaron moito.
Séguenos