A CABEZA DO DRAGÓN
Títeres Cachirulo achegouse ao Pereiro de Aguiar o 18 de agosto xunto cos seus títeres. Fadas, principes, princesas e dragóns fixéronnos pasar un rato moi entretido.
Títeres Cachirulo achegouse ao Pereiro de Aguiar o 18 de agosto xunto cos seus títeres. Fadas, principes, princesas e dragóns fixéronnos pasar un rato moi entretido.
O día 28 de xullo Brais das Hortas fixo levantar tanto aos nenos e nenas e aos adultos das súas cadeiras xa que o concerto estaba cheo de rítmo. Foi unha tarde do mais entretida.
O día 14 de xullo ao Pereiro de Aguiar achegáronse Treatro Calavera para que todos os nenos e nenas coñecesen da man da exploradora Jeanne Baret a todos os animais salvaxes cos que ela se encontra nas súas aventuras. Todos os nenos e nenas participaron de xeito activo nas súas historias.
O venres 30 de xullo, achegouse a Praza do Concello Trécola Teatro, para contarlle aos nenos as historias dun león moi curioso que nos vai deleitar cun circo. O león está triste, pero unha nenadecide liberalo e axudalo para que poida regresar coa súa familia a África.
Os amigos de Teatro Ghazafelhos convertéronse o pasado venres, nunha científica rusa e no seu axudante para explicarlles aos nenos e nenas do Pereiro a Historia das civilizacións. A través desta marabillosa obra de teatro fixeronnos gozar e rir tanto a adultos como a pequenos, os cales se converteron tamén en axudantes da Dra Mon.
Enganchou ao público dende o comezo ata o final e ademáis de pasar un bo rato, aprendemos o importante que é cooperar para que o mundo sexa mellor.
A Elba e Marcos non lles gusta moito compartir os seus xoguetes como lles pasa a moitos irmáns pero tod@s sabemos que iso non está nada ben e por iso, os seus xoguetes cobraron vida no Pereiro para ensinarnos unha importante lección: compartindo divertímonos tod@s.
Os amigos de Duende Sico fixeron as ledicias dos nenos cos seus monicreques Elba e Marcos, que pasaron unha divertida tarde.
O obradoiro de Robótica educativa desenvolveuse o 10 de xuño na Biblioteca Municipal do Pereiro cunha asistencia de 26 nenos e nenas de entre 6 e 11 anos que pasaron unha divertida tarde realizando robots con pezas de lego!
Montando unhas pezas sobre outras foron aprendendo sobre os usos da robótica na actualidade e en que aspectos da vida cotiá está presente, incluso sen darnos conta! Ademais aprenderon como funciona unha impresora 3D e que cousas tan importantes se poden crear e se crearán no futuro. Para finalizar a tarde viron como se despega un dron e para que cousas, ademais de lúdicas, se pode empregar.
En definitiva, pasárono en grande e aprenderon unha morea de cousas!
O pasado venres 3 de setembro chegou o Rock and Roll ao Pereiro de Aguiar da man de Pakolas e Ramona Órbita, que coa súa máquina do tempo, percorreu distintas épocas para ensinarnos a protexer a natureza e facer do mundo un lugar mellor.
O público asistente, tanto o máis cativo como o adulto, gozaron como nunca con esta actuación!
O mércores 18 de agosto as nenas e nenos do Pereiro quedaron abraiados cos contos de Fran Campos que non acudiu á cita só, senón que veu acompañado da súa guitarra e da súa inseparable Filipa.
Houbo contos para toda a familia con historias de aquí e acolá, historias tradicionais, historias cantadas… que fixeron desta unha xornada “filipante”.
Séguenos