‘Contos ao revés’ na Biblioteca Municipal de Cangas
Desfrutamos cos ‘Contos ao revés’ de Xanela Ocio, nos que deron a volta aos roles dalgúns contos e relatos moi coñecidos, traballando con empatía e efectividade a igualdade de xénero.
Desfrutamos cos ‘Contos ao revés’ de Xanela Ocio, nos que deron a volta aos roles dalgúns contos e relatos moi coñecidos, traballando con empatía e efectividade a igualdade de xénero.
O 23 de abril celebramos o Día do Libro cunha escenificación dos contos “Ajdar” e “Papamedos” , de Nanoteatro, nos que mexturaron conto, teatro e música, facendo desfrutar enormemente ao público.
Divertidísima sesión de contacontos para rapaces de nove anos a cargo de Pablo Sánchez. Contos propios e orixinais de diversas facturas e algún deles acompañado con instrumentos singulares que fixeron a delicia dos asistentes.
Na Biblioteca Central de Cangas celebramos o Día a Biblioteca cunha sesión de contacontos a cargo de Fátima Fernández, que fixo desfrutar a xente menuda e adultos con “Érase unha vez uns zapatos…”
O 23 de abril conmemoramos o Día do Libro coa representación de “O libro da selva” por Títeres Cachirulo. Rapaces do colexio Compañía de María de Cangas e o público que veu libremente desfrutaron dunha estupenda adaptación da obra de Rudyard Kipling.
O 21 de marzo celebramos o Día da Poesía cun grupo de rapaces de Secundaria do IES Montecarrasco. Sole Felloza realizou un precioso viaxe poético na procura do descubrimento da realidade poética que está no camiño vital das persoas.
O 14 de xuño na Biblioteca Central de Cangas, Chus Otero deleitounos con tres contos para nenos pequenos.
O 3 de maio, utilizando o libro A senda da serpe alada, o mago Christian realizou trucos e xogos para os mais pequenos na Biblioteca Central de Cangas.
O 25 de abril, Títeres Cachirulo ofreceu na Biblioteca Central de Cangas a súa estupenda representación de Alicia no país das marabillas, facendo as delicias de nenos e adultos.
Séguenos