Carabranca no C.C. Xaime Illa de Raxó (Poio)
Onte pola tarde, gozamos coa actividade de Iria Pinheiro: “Carabranca”. Un contaconto pola igualdade con moitas sorpresas como, unha maleta de sombras chinesas.
Onte pola tarde, gozamos coa actividade de Iria Pinheiro: “Carabranca”. Un contaconto pola igualdade con moitas sorpresas como, unha maleta de sombras chinesas.
Onte ás 17: 30 tivemos unha visita moi especial, María dos Contos e o señor Dorremí.
En “Cantacontos” os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ós/ás nenos/as e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.
Hoxe, 10 de setembro, pasou a tarde connosco, na Biblioteca Municipal de Poio, o mago Pedro Bugarín, ensinándonos unha chea de trucos de maxia nun entretenidísimo obradoiro do que desfrutamos grandes e pequenos.
O venres ás 17:00 tivemos una actividade de escape room baseada en Alicia no país das marabillas. Marabillosa ambientación e moita tecnoloxía para resolver os enigmas plantaxados.
O venres estivo connosco o gran Mago Pedro Bugarin. Pura maxia e risas a esgalla! Bravoo.
Actividade relaxante, practicando posturas de ioga coa cativada.Para rematar, coloreamos unhas mandalas.Namaste!
Carmiña e Xustino, uns bibliotecarios un tanto peculiares, decidiron secuestrar a un par de crianzas para encher a súa biblioteca, coma nos vellos tempos, e fóiselles “un pouco” das mans. Meteron a unha manchea de rapaces e rapazas en diferentes libros e agora non os atopan!
O pasado mércores 16 de maio na biblioteca municipal de Poio gozamos, con Marta Ortíz, dos Contos da Festa no faiado, onde grandes e pequenos coñeceron un pouco máis a María Victoria Moreno, e da man de Uxía e Gato viviron historias cheas de imaxinación e maxia.
Na Biblioteca Pública Municipal de Poio celebramos o Día do Libro aprendendo con Estefanía Padullés a converter as nosas historias nun álbum ilustrado. Primeiro os nenos e nenas escoitaron a historia dun galo que tiña que espertar ao sol e debuxaron unha chea de animaís e lugares para inspirarse, e remataron a tarde creando os seus propios personaxes e ilustrando a súa propia historia.
Este luns 15 de maio celebramos, con antelación, na BPM de Poio o Día das Letras Galegas cunha sesión de contacontos teatralizada e acompañada con música en directo.
Séguenos