“Animaladas” na Biblioteca de Portonovo
O martes 10 de outubro tivemos unha nova sesión dentro do mes das Bibliotecas.
Teatro Calavera achegóuse a Portonovo para ofrecernos unha actividade teatralizada e deleitar así ó público infantil asistente, pero tamén os maiores que os acompañaban.
A exploradora Jeanne Baret invitou ó público a unha misión pola selva de Pitiminí, chea de misterios e especies por descubrir, e adentrándonos na natureza salvaxe coñecemos distintos animais e diferentes historias. Para rematar coa historia da cebra Camila e como os seus amigos a axudaron a recuperar as raias perdidas.
Pasamos unha tarde moi divertida e movida, xa que houbo que pasar por distintas probas para sobrevivir na selva 😉
E rematou a sesión con cada neno e nena levando un animaliño para a súa casa.
Séguenos