Celebración do Día Internacional do libro en San Sadurniño
O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria do CPI de San Sadurniño, a Biblioteca Municipal convidou a Vero Rilo a través do programa Ler Conta Moito para compartir coa rapazada a escolma oral “E a ti que che contaban…?”.
Neste espectáculo, a contadora seleccionou obras de autoría coñecida con outras tradicionais ás que lles xuntou xogos, co obxectivo de achegar ás nenas e nenos á fantasía, sabedoría e riqueza da memoria colectiva feita palabra. Contos que Rilo -unha das grandes narradoras galegas da actualidade- enriquece con pinceladas que transmiten valores como o do respecto, a igualdade, ou a corresponsabilidade.
Séguenos