05/04/2016
O sábado, 2 de abril, estivo na Biblioteca de Muxía Xurxo Souto, co seu espectáculo “Océano para terrícolas”, baseado no seu libro Contos do mar de Irlanda. Esta actuación estaba integrada dentro das actuacións de Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
A actuación conxugou a narración de anécdotas relacionadas co mar, coa música- que conseguiu implicar a todo o público asistente. Ademais Xurxo homenaxeou ao mariñeiro muxián Belarmino Trillo- que aparece no libro- que estivo presente no acto, e participou da narración de historias do mar.
Estivo tamén presente Pazos de Merexo, que ao remate do acto ofreceu unas pezas co seu acordeón diatónico.
Asistiron unas 25 persoas, e a actuación foi todo un éxito e un disfrute para o público. Xurxo Souto conseguiu crear, coma sempre, un ambiente festivo co que celebrou a nosa cultura de pobo mariñeiro.
Recomendamos a actuación , é para non perder.
Séguenos