09/11/2020

O 8 de outubro, na Biblioteca de Pontecesures e con alumnos/as de 3º de Educación Primaria: Obradoiro de creacontos de Andamiaxe. Variables que ten un mesmo conto: xogar, recortar, pegar, debuxar, escribir, escoitar, compartir, falar, descubrir, colorear, construir…actividades todas elas para sacarlle todo o partido aos contos contados e entendidos de maneira tradicional. Rematada a actividade visitamos o mural pintado pola Escola de Pintura da Asociación a Barcarola nun local colindante coa Biblioteca. O mural reproduce unha foto antiga do paso do tren de Varela pola ponte de ferro en Pontecesures. Esta foi a primeira línea do ferrocarril en Galicia: Carril-Cornes. Alí a bibliotecaria explicoulles aos nenos/as un pouco de historia do ferrocarril ao seu paso polo noso pobo.
Séguenos