26/04/2016
Para iniciar o obradoiro Guitián e Leandro lanzan a pregunta de que é o humor gráfico. Despois dunha breve introducción, fan un percorrido pola obra e as principias características dos grandes humoristas gráficos, aquele que podemos considerar “clásicos”: Castelao, Charles Addams, con quen diferencian o humor negro do humor absurdo, Chumy Chúmez ou Forges.
Centrándose en Forges, destacan que para facer humor gráfico no é necesario debuxar ben, pois o que interesa é a idea, que debe prevalecer sempre sobre a forma.
Continúan o percorrido con Quino, considerado un dos mellares humoristas gráficos do século XX. Destacan asimesmo a Ann Telnaes, muller e Premio Pullitzer como humorista gráfica, Saúl Steinberg, as viñetas de denuncia social de El Roto, as da retranca de Xaquín Marín.
Así chegamos ao humor máis contemporáneo de Banksy, a páxina web de “cinismo ilustrado”, o humor negro de Joán Cornellá ou o máis amable de Liniers.
Ata chegar ao humor gráfico con e a través do móbil, o que está na rede, os “memes” e “trollfaces”.
O meme é unha imaxe recurrente con distintas frases. Funciona por acumulación e ten sentido por acumulación.
O obradoiro remata cunha parte práctica. Os participantes realizan humor gráfico servíndose dos seus propios móbiles, constrúen montaxes fotográficas con moito sentido do humor.
Actividade cunha valoración excelente polos participantes.
En resumo, un obradoiro que resulta moi interesante e atractivo para realizar coa mocidade.
Séguenos