Outro mundo por descubrir; As viaxes de Irene
Actividade moi entretida na que os nenos e nenas puideron “viaxar” por outras culturas e poder experimentar todas esas vivencias que teñen noutros lugares do noso planeta.
Actividade moi entretida na que os nenos e nenas puideron “viaxar” por outras culturas e poder experimentar todas esas vivencias que teñen noutros lugares do noso planeta.
Dous improvisadores levaron a cabo esta actividade no Centro Social Municipal de Maiores fomentando a axilidade mental, creatividade mediante poesía “satírica”
O sábado na BPM de Ourol tivemos a Efervesciencia cun obradoiro moi interesante onde aprendemos o que era a biotecnoloxía e onde os rapaces/as puideron practicar con materiais moi sinxelos.
Hoxe sábado tivemos como convidada a Celtia Figueiras cos Contos do outono, que deleitou aos
asistentes coas súas hitorias desta época do ano
.
O venres día 20 de outubro co motivo da celebración do Día da Biblioteca os nenos e nenas de Alfoz desfrutaron dunha sesión de contacontos e cancións tradicionais da nosa lingua, achegándose ó cancioneiro tradicional galego e así non esquecelo.
Neste obradoiro máxico nenos e nenas fixeron os seus propios utensilios para facer maxia e ao rematar o obradoiro asistiron emocionados á actuación do Mago Albert, quen fixo moitos trucos máxicos nos que solicitou a colaboración do público asistente, que non se fixo de rogar.
Foi unha sesión moi divertida para pequenos e maiores.
O 19 de outubro a Biblioteca encheuse de Maxia con Leo Leiño, foi unha tarde moi sorprendente e divertida tanto para os 36 nen@s como para os pais e nais que os acompañaron.
Unha hora de fantasía que se fixo moi, pero que moi curta.
O xoves 19 de outubro, Migallas Teatro fixo as ledicias dos máis pequenos da nosa biblioteca co seu espectáculo “Os contos do chupete”. A mestura de contos tradicionais como Os tres porquiños e de cancións gustaron a grandes e pequenos, estes últimos escoitaron atentos e participaron bailando e dando palmas.
Foi unha tarde inesquecible para todos nos.
Este xoves, 19 de outubro o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa fixeron que a rapazada e maiores gozaran dunha tarde divertida coas historias culinarias destes peculiares cociñeiros.
Charo Pita trouxo a esta biblitoeca o Curral de Cocorico. Durante 1 hora aproximadamente estivo cos seus contos e cancións animando as crianzas de 1 a 3 anos a ter as súas primeiras experiencias coa música e a narración oral. A actuación foi do agrado dos país das crianzas.
Séguenos