Tarde de conto e títeres na Biblioteca de Verán da Bola
O pasado xoves día 21 de xullo, o programa “A Biblioteca de Verán da Bola” acolleu a representación “O traxe novo do rei”, que cobrou vida grazas a Esteban e os seus títeres de Tarabelos, e fixo as delicias de moitas crianzas e familias que se achegaron a ver a actuación. Foron moitas as risas e a participación por parte dos nenos e nenas asistentes, asistindo a unha forma entretida, diferente e divertida de escoitar este conto tan clásico.
Séguenos