En Cambados celebramos o Día da Tradición Oral!
Esta mañá o proxecto “A Biblioteca Viaxeira” botou a andar e fíxoo da man dunha compañeira de excepción… Charo Pita!
Grazas ao programa Ler conta moito “A Biblioteca Viaxeira”, que xa se viña realizando nos meses de verán, desta volta artella unha serie de saídas da biblioteca a diferentes espazos, neste caso as escolas de primaria Cambados, nas que difundir aos rapaces a celebración dalgunhas datas destacadas (ás veces olvidadas).
Hoxe luns 20 de marzo celebramos o Día da Tradición Oral no cole de Vilariño, con Charo Pita e “O pucheiro de señora Emilia”. Os rapaces de 2º,3º e 4º puideron gozar das historias e cancións que de antigo nos veñen contando ata os nosos días a través da fala e os xestos… O resultado foi unha sesión chea de contido, que deixou un bo sabor de boca… como as receitas do pucheiro da señora Emilia… a os que teñades tamén a sorte de probalos… bo proveito!
Séguenos