As historias con maxia de Javier Muro na BPM de Brión
A Sala Municipal de Exposicións acolleu este venres, 11 de outubro, unha nova actividade de animación organizada pola biblioteca municipal de Brión. Dentro do outono cultural, e como anticipo da celebración do 24 de outubro, Día das Bibliotecas, o artista Javier Muro presentou “O neno que quería ser mago”, un espectáculo de narración oral que mesturou maxia e fantasía para divertir e espertar nas crianzas o interese polo libro e a lectura.
Séguenos