cantando os cantares…na BPM do Saviñao
Día 25 de setembro de 2020 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Temos a segunda actividade do programa Ler conta moito, trasladada á biblioteca escolar debido á situación que vivimos co coronavirus…
Cantando os cantares
da man de Truque Matruque
o 25 de setembro, ás 11:00 na biblioteca escolar
co alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP de Escairón.
Achegámonos á figura da nosa gran poeta Rosalía de Castro a través da súa obra musicada en diferentes estilos musicais por Marcos:
Marcos xa nos visitara o ano pasado para achegarnos á figura de Rosalía, e como gustou tanto, volveu este ano con outra actividade:
Poden atoparse no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia en moitas bibliotecas os libros de Rosalía [consulta aquí os libros de Rosalía de Castro que hai na nosa biblioteca]
Séguenos