Proxecto

Os Plans Municipais de Abastecemento Autónomo teñen como obxectivos principais:

  • Mellorar o coñecemento dos sistemas de abastecemento autónomo, tanto das infraestruturas existentes coma do nivel de garantía do servicio (calidade e cantidade).
  • Identificar e priorizar as actuacións necesarias en materia de abastecemento autónomo de cada municipio.

O proxecto realizase nun prazo de 18 meses e consta das seguintes fases principais:

  • Fase 1: Inventario e estudo
    • Inventario dos sistemas. Visitas de inspección dos distintos elementos das traídas e elaboración de planos e fichas de datos.
    • Análise da calidade das augas e realización de Informes técnico-sanitarios de avaliación do estado de cada un dos sistemas.

  • Fase 2: Propostas de mellora
    • Elaboración de propostas de mellora para cada traída, valoración económica e comparativa das propostas máis ventaxosas para cada sistema.
  • Fase 3: Plans de abastecemento autónomo
    • Elaboración dun documento final recompilando os traballos anteriores para cada concello.
    • Guía de priorización das actuacións do termo municipal.
    • Documento extensible para o resto de concellos de Galicia.