200 petabytes é o novo récord histórico de almacenamento batido polo CERN

O espazo de almacenamento é un dos principais problemas aos que nos adoitamos enfrontar na informática. Por moi grande que sexan os nosos discos duros, os programas, xogos e arquivos multimedia ocupan cada vez máis espazo, polo que sempre desexamos ter máis espazo dispoñible.

 

No mundo da investigación o almacenamento tamén é un tema crítico, xa que se adoitan gardar multitude de datos importantes que necesitan estar accesibles para os proxectos que a organización teña activa. A semana pasada ocorreu unha curiosidade moi importante: o centro de procesamento de datos do CERN (o colisionador de hadróns) conseguiu un récord histórico, superou a cifra de 200 petabytes de información almacenada de maneira permanente.

Segundo o propio CERN, os seus experimentos chocando todo tipo de partículas xeran un petabyte de información por segundo, pero esta debe ser filtrada antes de ser rexistrada, xa que se xeran multitude de datos e só un pequeno tanto por cento é interesante para a investigación.

Canto son 200 petabytes? Pois moito máis do que teremos, polo menos nos próximos anos, na nosa casa. En 200 petabytes pódense gardar 2 millóns de discos Blu-ray ou 350 millóns de anos de vídeos en alta definición. Case nada.

E como conseguen no CERN almacenar esa cantidade de información? Pois desenvolvendo o seu propio sistema de arquivos e adaptándoo ás súas necesidades. Se en Windows temos o Sistema FAT e WinFS, no CERN teñen CASTOR (CERN Advantage STORage system), un sistema de acceso aos arquivos que usa unha complexa arquitectura que usa unidades de cinta no canto de discos duros ao uso para gardar os datos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.