5G, así será o novo tipo de conexión para os nosos móbiles

Cando falamos de conexións a Internet a velocidade é un dos puntos máis importantes, xa que vivimos nun mundo onde os contidos son cada vez de máis calidade e ocupan cada vez máis. E se a iso engadímoslle que queremos sempre estar en mobilidade, aparece a necesidade de que as conexións móbiles sexan cada vez máis e máis rápidas.

Para buscar esa velocidade, a seguinte tecnoloxía que virá aos nosos terminais será o 5G, e esta semana xa sabemos como vai ser esa tecnoloxía e a maneira en que se vai a implantar en todo o territorio español.

Como é o 5G?

Os datos que van de maneira sen fíos (telefonía, datos, televisión e radio) móvense a través dunha especie de estradas marcadas no aire que son os anchos de banda. O 5 G utilizará a “estrada” marcada será a dos 700 Mhz, así como a de 3,6Ghz e a de 1,5Ghz.

O problema vén cando nos atopamos que, na actualidade, a “estrada” dos 700 Mhz está ocupada pola televisión dixital, polo que será necesario facer de novo unha transición dixital e sintonizar de novo as cadeas que temos agora. Na maioría dos casos non se necesitará cambiar o terminal, pero é posible que haxa que facer un reaxuste na instalación de casas e edificios.

Cando será?

A licitación dos anchos de banda que necesita o 5 G para funcionar comezará en xaneiro de 2018, pero non será ata o 30 de xuño de 2020 cando se fará o cambio e poderemos comezar a utilizar a tecnoloxía 5. Existirán terminais compatibles? Con toda seguridade. Cando se lanzou o 4G LTE, existían desde hai meses terminais compatibles con estas velocidades, polo que é de esperar que ocorra o mesmo co 5G.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.