A Amtega estende o Mobile Week Coruña a Galicia con máis de 17 actividades

Hoxe 21 de novembro inaugúrase a Mobile Week Coruña, un evento destinado a acercar á cidadanía todas as novedades do futuro dixital que temos por diante.

A Xunta de Galicia, a través da Amtega, colabora coa MWC con 17 actividades para estender súa influencia á área metropolitana da Coruña e a Santiago de Compostela. A
programación está dispoñible na web da MWC.  e pódese desfrutar de maneira gratuíta de tódalas sesións que a Amtega ten preparada en A Coruña e na zona de influencia.

Mércores 21 de novembro, Cidade da Cultura

  • A Amtega inaugura a súa participación na MWC Mobile Week Coruña cun evento de
    referencia en materia de ciberseguridade para empresas e cidadáns na Cidade da Cultura.
    A sesión da mañá, “#PemeSegura.gal: Xornada de ciberseguridade” está dirixida a empresas preocupadas pola súa seguridade no mundo tecnolóxico. Contará con dous relatores como Luis Hidalgo de INCIBE, e Enrique Serrano, cofundador de Mundo hacker.
  • Pola tarde a actividade estará centrada no terreo familiar. “Ciberserguridade na túa casa: ciberseguridade para tod@s” abordará riscos aos que nos enfrentamos todos e todas cando poñemos os nososo datos na rede. E o aprenderemos a través da Asociación Pantallas Amigas, Fernando Vilar formador da Guardia Civil e Carlos Pérez, CISO de ABANCA. A asistencia é de balde pero compre inscribirse na web do MWC.

Actividades do 21 ao 23 de novembro

Ademais do que se vivirá na Cidade da Cultura, a Amtega organiza máis actividades no área de influencia do congreso:

  • O taller E eu que podo ser de maior? Novos Perfís Dixitais” previsto para o mércores 21 de novembro en horario de 11.30 a 12.20 na Sala de Usos Múltiples do IES Isaac Diaz Pardo de Sada, tratarase de incentivar e impulsar as vocacións tecnolóxicas nos alumnos de 2º da ESO.
  • O mesmo mércores 21 de novembro en horario de 16:00 a 18:00 horas na aula CeMIT de Betanzos se ensinarán as diferentes plataformas dispoñibles para a busca de emprego online e unha guía práctica sobre o manexo de LinkedIn no que daranse recomendacións para establecer a marca persoal e a busca de emprego Esta actividade “Busca de emprego online e manexo de LinkedIn” tamén poderá ser seguida nas aulas de AmesCuntisO Vicedo e Santa Comba a través da modalidade de videoconferencia.

  • Os días 22 e 23 de novembro centraranse no impulso do uso dos servizos dixitais, así o xoves 22 de novembro en horario de 11:30 a 13:30 horas na aula CeMIT de Abegondo, realizarase o taller “Coida a túa saúde coas TIC – Plataforma É-Saúde e cita médica online no que se ensinará aos cidadáns a manexar a plataforma E-Saúde para consultar a medicación, os resultados das probas médicas, e a solicitar a cita médica online sen desprazamentos ao centro de saúde.

  • O venres 23 de novembro na aula CEMiT de A Coruña (Centro Cívico de Eirís) celebrarase  xornada “Faite Dixit@l e tramita nin clic. Coñece as vías para acceder á eAdministración” na que se amosarán as diferentes vías de acceso que a cidadanía ten para poder comunicarse coa administración sen ter que desprazarse e tamén se ensinarán exemplos do que se pode facer coa administración electrónica.

Inscricións

As persoas interesadas en seguir estas xornadas poden inscribirse a través da web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal/) previa alta como usuario da rede ou ben en calquera das aulas CeMIT AbegondoA Coruña (Centro Cívico de Eirís)Betanzos e Sada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.