Aínda estás a tempo! O 11 de maio remata o prazo para solicitar as axudas a banda larga no rural

Galicia é unha comunidade con zonas rurais moi pronunciadas, case todas elas cunha orografía complexa e pronunciada que, en ocasións, fai complicado que as comunicacións dixitais cheguen nas mellores condicións.  Para mellorar esta situación, a Xunta de Galicia convocou este ano unha nova serie de subvencións para empresarios e pemes para axudar á instalación de conexións de banda longa ultrarrápida en zonas illadas do rural.

A convocatoria destas axudas pódese consultar na publicación do DOG, estando o importe destas entre os 2.000? e os 20.000? buscando sempre financiar a instalación do 100% da conexión que se necesite. Esta subvención está cofinanciada ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento (FEADER) é o 11 de maio é o derradeiro día para solicitalas.

Se estás interesado en solicitar esta axuda, un dos requisitos que debes cumprir é non ter acceso a redes de banda longa de polo menos 30 megas e ter contratado o alta que se instale coa axuda durante polo menos un ano.

Esta actuación é a segunda do Plan de Banda Longa de Galicia 2020, o cal comezou en xullo do ano pasado conectando 81 polígonos industriais das catro provincias galegas a redes de ata 350 megas, complementando o parobado o 1 de outubro de 2015 polo Consello da Xunta que busca garantir unha cobertura de banda longa de polo menos 30 megas para a totalidade e a poboación e impulsar a contratación en fogares de servizos de banda longa por encima dos 100 megas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.