A Amtega busca o mellor proxecto universitario con licenza libre

Hai non moitos anos, cando alguén dicía que o seu proxecto estaba baixo unha licenza libre, os seus achegados adoitaban miralo de maneira estraña e preguntarse por que se utilizaba esa licenza en lugar dunha privativa. Por sorte ese tempo xa pasou, e é grazas a iniciativas como Mancomun ou o protagonista de hoxe: o premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre promovido pola Amtega.

Este premio, do cal levamos xa 10 edicións, ten como obxectivo achegar o mundo do software libre aos universitarios e descubrir, desta maneira, as posibilidades laborais e de colaboración con proxectos que existen na actualidade.

Este premio promovido pola Axencia para  a Modernización Tecnolóxica de Galicia está dotado con 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500 euros e un segundo de 750. Estes premios son posibles grazas aos dous patrocinadores desta edición: o Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) e o Grupo de programadores e usuarios de Linux (GPUL).

Para poder presentar o proxecto ao premio, este ten que estar feito por un estudante do Sistema Universitario Galego e ser defendido como Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado cunha nota mínima de 5 nalgunha das convocatorias do curso 2016-2017.

Ademais, o proxecto ten que ser realizado cunha implementación libre (hardware e/ou software) e estar publicado cunha licenza libre recoñecida pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative.

O prazo para inscribirse é ata o 30 de setembro e está toda a información de como participar está dispoñible na páxina de Mancomun.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.