A Amtega organiza o 23 e 24 de marzo o II Encontro sobre Administración Electrónica

O Plan de Goberno Dixital 2020 ten como obxectivo principal consolidar unha plena administración dixital e avanzar na coordinación entre entidades locais, autonómica e estatal para conseguir ofrecer ao cidadán e ás empresas uns servizos dixitais de calidade, eficientes e seguros.

 

Dentro deste plan organízase os próximos 23 e 24 de marzo o II Encontro sobre Administración Electrónica. Da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e o Consello Superior de Letrados e Avogados de Comunidades Autónomas, os diferentes profesionais do sector público poderán asistir a unhas xornadas nas que se debaterá sobre o impacto e aplicación da implantación dunha completa Administración Electrónica.

Así, durante os dous días nos que se celebrará o encontro, haberá unha charla coloquio e sete mesas de debate. Nelas poñeranse en común os diferentes aspectos do impacto do novo marco normativo da Administración Electrónica e as diferentes liñas de colaboración existentes entre administracións, para unificar esforzos no desenvolvemento da Administracion Electrónica.

Sumado ás mesas de debate, tamén haberá un espazo de exposición onde se difundirán os servizos dixitais que se poñen a disposición do cidadán. Nestes espazos haberá persoal da Amtega e das deputacións que explicarán estes servizos e darán a posibilidade de darse de alta nos diferentes servizos.

O encontro celébrase os días 23 e 24 de marzo na Cidade da Cultura. A inscrición é gratuíta e pódese realizar a través do portal da Amtega e de Eido Local, onde tamén se pode consultar o programa das xornadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.