Animación e realidade virtual e a experiencia de grandes empresas TIC cos contidos dixitais no DICO Summit 2017

Cada vez queda menos para a celebración do DICO Summit 2017, o primeiro encontro internacional dedicado á xeración de contidos no mundo dixital. Serán os días 24 e 25 de xaneiro no edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e xa coñecemos os compoñentes de dos interesantes paneis: videoxogos, animación e realidade virtual por un lado e a experiencia de grandes empresas nos contidos dixitais polo outro.

‘Os contidos dixitais gañan a partida’ será o título deste interesante panel onde se falará do contido dixital desde unha perspectiva moi tecnolóxica. Este panel terá a honra de contar con catro especialistas internacionais en animación, videoxogos e realidade virtual: Simon Smith de Studio Lidell, Steve Hanton de Studio Distract, Luca Conesa de MefistoFiles e Luigi Renna pertencente á Comunidade VRManchester. Este panel será moderado polo director de Innovación Dixital de Mardy Bug Enrique Parga.

Simon Smith é un profesional con 15 anos de experiencia na industria do contido dixital, traballando na actualidade no desenvolvemento de aplicacións de realidade virtual en Studio Lidell, traballando con clientes como Disney, Sony ou Ferrari. Steve Hanton é o director de Studio Distract, unha empresa que traballa con empresas como BBC, Hasbro ou Pixar en dirección e produción no mundo da animación. Luca Conesa desenvolve aplicacións de realidade virtual e Luigi Renna é o responsable de VRManchester, unha comunidade con máis de 400 membros de desarrolladores de realidade virtual.

‘Construindo as bases para os contidos dixitais do futuro’ será o segundo gran panel que poderemos ver no DICO Summit 2017. Nel representantes de Nokia, Nagra e Technicolor falarán  dos pilares sobre os que se asentan os novos contidos dixitais e como son as tecnoloxías que apoian a súa xeración, falando dende a súa comercialización, distribución e protección. O panel será moderado polo presidente do Clúster TIC Galicia Antonio Rodríguez Do Curral e participarán nel Xavier Cosculluela, director de Servizos de Nagra-Iberia; Jaume Figueras, responsable de Tecnoloxía de Nokia e Danny Vossen, director de Estratexia de Technicolor.

Danny Vossen é o director de Estratexia, Desenvolvemento de Negocio e Márketing en Technicolor, unha das empresas líder, a nivel mundial, nos sectores multimedia e de entretemento. Jaume Figueras Solanilla es responsable del departamento de Tecnologíía de NOKIA para Grandes Empresas y Sector público en la península ibérica. Xavier Cosculluela es el director de Operacións – Iberia en NAGRA y cuenta con una experiencia de más de 10 años en la industria multimedia y la teledifusión.

Estas dos mesas se celebrarán el día 24 de enero. Si quieres conocer todos los detalles de evento e inscribirte, aún estás a tiempo de apuntarte a través de la página web http://www.dicosummit.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.