Aprende a fidelizar clientes co marketing dixital con esta sesión do CDTIC

Vender máis é sempre o obxectivo dunha empresa, sexa cal for o seu modelo de negocio e o ámbito no que o fai. Como sempre dicimos, a rede é un lugar máis no que podemos facer crecer o noso negocio, tanto en vendas como en presenza nos lugares que nos interesan.

Por estas razóns, o Centro Demostrador TIC de Galicia organiza o próximo 7 de marzo un seminario titulado “Márketing dixital para captar e fidelizar clientes”. Esta nova entrega de formación vai destinada principalmente a propietarios de empresas que queiran utilizar todo o que nos dá a rede para mellorar o seu negocio, tanto a nivel de vendas como de clientes.

O seminario celebrarase na aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís de A Coruña, e nel ensinaranse temas como a vision do márketing, como facer un plan de márketing, como e cales son as ferramentas e estratexias necesarias para realizar os nosos propósitos, a utilización dun blogue como ferramenta de fidelización ou o emailing como un punto de venda máis.

O seminario é totalmente gratuíto só temos que ser membros do CDTIC (calquera pode facerse de maneira online) e apuntarnos a través do noso espazo de Empresas e profesionais

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.