Así é a nova versión de Trisquel, a distribución de Linux galega

 

4 anos tivemos que esperar pero desde hai uns días  Trisquel 8.0  LTS  Flidas, a nova versión da distribución Linux de espírito galego e que podemos instalar en todos os nosos computadores.

Trisquel é unha distribución 100% libre, isto quere dicir que todos os seus compoñentes son software libre e a diferenza do mesmo Ubuntu e a maioría das  distros máis coñecidas, non inclúen ningún compoñente privativo nin facilita a súa instalación.

Trisquel 8.0 chega con moitas melloras en comparación coa versión anterior, din que aproveitaron moi ben o “amplo período de probas” (o atraso no lanzamento foi bastante longo), e ademais contan que a partir desta versión deberían axustar as súas xanelas do lanzamento aos habituais 6 meses entre versión de Ubuntu que é a base.

Trisquel Flidas tamén debuta nova contorna de escritorio, cambiaron GNOME por MATE 1.12, e a razón disto é porque en GNOME abandonaron o soporte á contorna clásica, usar as novas versións de GNOME require composición baseada en aceleración 3D, algo que para funcionar necesita software non libre en moitos equipos.

O navegador por defecto de  Trisquel é un propio chamado  Abrowser, e está baseado en Firefox, pero aínda máis axustado para priorizar a privacidade do usuario.  Abrowser non inicia conexións de rede pola súa conta, algo que a maioría dos navegadores coñecidos fan conectándose a varios servidores para obter actualizacións das extensións, proporcionar datos de  telemetría, xeolocalización, etc.

Trisquel 8.0 inclúe un cliente de correo baseado en Thunderbird chamado  IceDove, tamén configurado para a máxima privacidade. A  distro tamén conta con Linux-libre 4.4 por defecto,  Xorg 7.7,  LibreOffice 5.1.4, e  VLC 2.2.2. O novo sistema contará con actualizacións de seguridade ata abril do 2021.

Se es dos que queren cinguirse a un ambiente de traballo completamente alimentado por software libre e centrado en privacidade,  Trisquel é unha das mellores opcións dispoñibles. E, se tes un equipo de poucos recursos, podes probar con  Trisquel- mini, unha edición baseada en  LXDE.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.