Así son os trebellos máis interesantes presentados no CES 2017

ces

O CES é a feira de electrónica máis importante do mundo. Celébrase todos os anos na cidade norteamericana de Las Vegas e nela adoitamos ver presentacións de produtos en grao sumo variado: desde computadores tan potentes e caros que nunca sairán á luz, roupa interior que se conecta ao noso teléfono móbil ou electrodomésticos que prometen facernos na cociña a vida máis sinxela.

E é que o CES é unha desas feiras nas que os fabricantes mostran todo o seu potencial para que se fale deles. E aínda que a maioría dos produtos son só para presumir (co que non sairán nunca ao mercado de consumo), sempre hai unha pequena selección destes que si que valen a pena, e aos que non hai que perder de vista xa adoitan ser interesantes en formulación. Hoxe ensinámosvos esa pequena selección que houbo na feira deste ano.

Televisor W7 de LG: case tan fino como unha cartolina

lgtelevisor

LG é a marca que na actualidade máis innova no que a televisores refírese. A empresa asiática presentou a súa nova gama de televisores OLED W7. Deixando ao carón o seu gran contraste e a súa fidelidade coas cores, o que máis impresiona deste televisor é o seu grosor: 2.57 milímetros de televisor. Quen se acorda dos televisores de tubo agora?

Honda e a súa moto con equilibrio propio

moto-honda

Estamos cansados de oir falar de coches autónomos. No CES tamén os houbo, pero no mundo de motor o máis curioso foi esta moto de Honda, a cal é capaz de gardar ela soa o equilibrio. Por agora é un prototipo, pero prometeron que implementarán a tecnoloxía nas súas motos futuras.

Computadores de peto

ordenador-intel

No mundo da era post-PC, aínda hai marcas que seguen apostando polo computador persoal. Intel é unha delas e na feira presentou este curioso ordenador: Compute Card. Cun tamaño de varios cartóns de crédito apilados, este computador é un sistema completo e está deseñado para implantarse noutros dispositivos, como poden ser electrodomésticos ou televisores.

Os portátiles para gamers

portatil-razer

Se hai algo que sempre chama a atención é a estética dos produtos deseñados para “gamers” No CES 2017 víronse uns cuantos produtos, pero nada comparado a este computador portátil de marca Razer que ten, nin máis nin menos, que tres pantallas de 17”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.