Cinco preguntas e respostas sobre a desaparición do roaming en Europa

Despois de anos de batalla por fin o próximo 15 de xuño fará a súa desaparición o roaming en parte do territorio europeo. Coñecíase como roaming á posibilidade de utilizar o noso teléfono móbil no estranxeiro cunhas tarifas especiais.

A partir do día 15, o roaming desaparecerá e poderemos utilizar o noso teléfono móbil na Unión Europea coma se estivésemos en España. Pero que ocorre cos teléfonos prepago? E co consumo de datos? Podo contratar unha tarifa doutro país e usala sempre en España? Esta e outras preguntas respondémosvolas hoxe en Xente Dixital.

Hai que activar a desaparición do roaming?

Non. Todos os operadores están obrigados a partir do día 15 de xuño a non cobrar por usar o noso teléfono móbil (datos incluídos). Só teremos que asegurarnos ter o roaming activado, xa que algúns operadores téñeno desactivado por defecto.

En que países desaparece o roaming?

En 26 países da Unión Europea e asociados, que son: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia (incluído as Illas Aland, Martinica, Guadalupe, San Martín, Güiana francesa, Reunión e Mayotte), Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Noruega, Polonia, Portugal, República Checa, Reino Unido (incluído Xibraltar), Rumania, San Mariño e Suecia.

Aplícase a contrato e prepago?

Si. Todos os clientes teñen dereito ao roaming gratis. Se somos de prepago cun pack de datos contratado, a operadora poderá cobrarnos unha tarifa especial de 7,7? por giga consumido.

Podo usalo todo o que queira?

Si e non. En principio esta desaparición do roaming está pensada para a xente que viaxa. Se usamos durante catro meses o roaming gratuíto, a operadora avisaranos e poderá empezar a cobrarnos unha tarifa especial, xa que considerará un uso abusivo do roaming.

Están incluídas as chamadas?

Si, todo está incluído mentres non fagamos un uso abusivo. Chamar desde Francia co noso teléfono móbil custaranos o mesmo que desde España. Iso si, depende onde chamemos xa que se o facemos a unha zona sen roaming, seguiranos custando como unha chamada internacional.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.