Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio.

O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a engadir novas funcionalidades atendendo ás demandas seus usuarios. Dentro destas novidades, unha das que tivo máis éxito foi o lanzamento de Instagram Stories, un espazo no que os usuarios poden subir fotos e vídeos pero a diferencia das publicacións normais, estas desaparecen ás 24 horas,Inicialmente, esta funcionalidade presentouse como unha ferramenta complementaria, pero o seu éxito levou a que se implantaran melloras e novidades nela que permitiran aos usuarios interactuar ou dar renda solta á súa creatividade.
Unha destas novidades foi a inserción de filtros cos que editar o noso contido nas Stories e facelo máis atractivo pero…sabemos como utilizalos? Sabemos como buscar filtros segundo a súa tipoloxía? Sabemos como gardalos para telos sempre dispoñibles? Neste artigo aclaramos todas as dúbidas que podas ter ao respecto.

Como chegar aos filtros de Instagram Stories
O primeiro que tes que ter en conta á hora de utilizar filtros de Instagram é como acceder a eles. Pois ben, é moi sinxelo. Só tes que clicar sobre o icono da cámara na parte superior esquerda da túa pantalla principal de Instagram e aparecerán os filtros predefinidos creados pola propia app grazas a un menú que poderás ir deslizando para probar as distintas opcións.
Pero aí vai un truco: é posible acceder a un sinfín de filtros clicando en calquera filtro e accedendo á opción “Explorar galería de efectos”, onde poderás acceder a eles clasificados segundo a súa tipoloxía (selfies, amor, cor e luz, estados de ánimo, ciencia ficción e fantasía, etc.). Tamén podes facer unha procura de filtros polo seu nome utilizando a lupa que aparece na parte superior dereita).
Recorda que os filtros serven para todos os contidos multimedia (fotos, vídeos, boomerangs, etc.) e que algúns funcionan con dúas persoas á vez.

Como gardar filtros de Instagram Stories
Unha vez probados os filtros pode que existan 3 ou 4 que nos gustaran máis e nos gutaría telos dispoñibles sempre e de maneira sinxela, pero….como facemos isto?
Pois tes dúas maneiras de facelo:
– A primeira delas é a máis sinxela: gardar o efecto que previamente probaches e che gustou. Para isto só tes que clicar no botón de “gardar filtro/descarga” e o terás dispoñible sempre nas túas historias.
– A segunda forma sería seguir ao deseñador do filtro de Instagram e unha vez que realices este paso a súa lista de filtros engadirase as túas historias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.