Controla o teu móbil coa voz: estes son todos os comandos que existen en Google Now

Google Now é un asistente de voz que está presente en Android, iOS e Chrome e é, segundo moitos, o asistente que mellor entende a linguaxe humana hoxe en día. Con todo, saber todo o que se pode facer con el é complicado, xa que hai tantos comandos que un se perde nunha lista tan grande.

E é que ao parecer un dos obstáculos cos que se atopa o asistente é que os usuarios non saben que dicirlle. Para solucionar isto, un usuario que se fai chamar Kitze creou a páxina, non oficial, Ok-google.io onde podemos ver unha inmensa recompilación de todos os comandos dispoñibles.

Ata agora o sitio conta con máis de 150 comandos e máis de 1000 variacións organizados en 25 categorías diferentes, que van desde o clima e a conversión de unidades, ata integración con Gmail??. Revisalos todos darache unha excelente idea da incrible utilidade que pode chegar a ter a intelixencia artificial de Google.

Certo que a web está en inglés, pero se coñecemos un pouco o idioma de Shakespeare (ou usamos o tradutor), podémonos seguir facendo a idea de todo o que podemos facer co asistente de Google.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.