Event Horizon Telescope, así se quere fotografiar buracos negros xigantes

Ao longo da historia o ser humano sempre se sentiu fascinado polas estrelas. Saber onde están, que son e por que están aí foi unha das obsesións de case todas as civilizacións da nosa historia e a nosa, a contemporánea, non ía ser menos.

Ao longo dos últimos anos, grazas aos avances en tecnoloxía conseguiuse descubrir moito sobre o espazo e todo o que o forma, pero aínda ha moitas cousas que se nos escapan. Unha das que máis chaman a atención aos científicos son os buracos negros, corpos celestes que absorven toda a luz que se achega a eles e en cuxos bordos as leis da física deixan de ter sentido.

E como se pode estudar os buracos negros? É unha tarefa complicada, pero nas próximas semanas vai entrar en funcionamento un novo proxecto para poder sacar fotografías de Saxitario A, o inmenso buraco negro que está no centro da Vía Láctea, a galaxia á que pertence o Planeta Terra.

Saxitario A ten un tamaño de 4,1 millóns de soles e está a 26.000 millóns de anos luz (uns 0,246 trillones de quilómetros). Como se pode fotografar algo tan grande e a tanta distancia? Con Event Horizon Telescope, un telescopio que é tan grande como o Planeta Terra.

 

Como se conseguiu ese tamaño de telescopio? Grazas a unha técnica que consiste en observar os obxectos celestes coa axuda dun gran número de radiotelescopios cun sistema de gravación que permite procesar, de forma conxunta, os datos de todas os participantes, simulando ser un único telescopio. Isto é só posible grazas ás grandes capacidades de cálculo actuais, así como un sistema de telecomunicación punteiro: a interferometría é un conxunto de técnicas usadas en astronomía para medir as ondas electromagnéticas.

Como será unha fotografía de algo que absorbe a luz? Difícil de dicir, pero estamos preto de coñecelo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.