Galicia e Portugal xuntarán esforzos para a promoción dos camiños xacobeos lusos

O Goberno galego e o de Portugal promoverán a un acordo de colaboración entre os departamentos de Turismo de ambos gobernos, polo que a Secretaría Xeral de Turismo será o interlocutor sobre os camiños de Santiago no país veciño ademais de ofrecer a súa experiencia para a xestión da ruta no seu territorio. Así o acordaron na reunión que mantiveron na capital portuguesa o director do Xacobeo e a secretaria de Estado do Turismo de Portugal (na fotografía)

caminhoportugues

Trala reunión en Lisboa, o departamento portugués prevé poñer en servizo unha web específica deste Camiño e interconectala co sitio na internet de Turismo de Galicia.

Así mesmo, tamén se acordou estudar a posibilidade de realizar accións de promoción conxunta, incluíndo á entidade Turespaña, en mercados turísticos internacionais como EE.UU, Brasil ou China.

Turismo de Portugal, pola súa banda, amosa interese pola creación dunha páxina web específica sobre os camiños de Santiago que atravesan o territorio portugués que podería vincularse con caminodesantiago.gal ao obxecto de ofrecer unha visión unitaria da ruta xacobea portuguesa.

Por último, a secretaria do Turismo do Goberno portugués mostrou o seu interese por visitar Galicia e coñecer ‘in situ’ a xestión do Camiño en Galicia, especialmente a rede de albergues públicos.

O Camiño portugués, en cifras

  • Camiño Portugués é a segunda ruta xacobea máis transitada no que vai de ano.
  • Dende xaneiro de 2016, polo Camiño portugués pasaron 35.616 peregrinos
  • En 2015, o número de peregrinos ascendeu a un total de 43.151 peregrinos.
  • Portugal é o 5º país en número de peregrinos (o ano pasado, 12.481 portugueses e portuguesas obtiveron a Compostelana).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.