Google Earth permítenos ver vídeos en directo da natureza

Nunca te preguntaches como caza un oso nas montañas de Alaska? Ou de que maneira constrúen os castores os seus niños? Pois agora grazas a Google poderemos satisfacer a nosa curiosidade, xa que  a través de Google Earth e por medio da plataforma Voyager veremos vídeos en directo gravado en paraxes e lugares do planeta.

O primeiro recuncho que poderemos ver a través desta novidade de Google Earth será o Parque Nacional Katmai de Alaska, onde unha rede de cámaras nas cataratas Brooks permitiranos ver se hai osos gozando da auga ou como supera a auga todos os seus obstáculos, e todo iso en directo.

Para gozar destas imaxes temos que ter instalado Google Chrome e seguir esta ligazón, o cal nos levará á plataforma Voyager onde poderemos ver ata 5 cámaras en directo situadas estratexicamente no parque natural.

Google promete que nos próximos meses poderemos ver novos lugares do mundo, pero todos sabemos que non valerá a pena ata que haxa cámaras nos Ancares e déixennos ver aos urogallos en todo o seu esplendor, non si?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.