Guía práctica | Pide cita ao teu médico de cabeceira por Internet

Se queres pedir cita médica en Galicia, podes facelo a través de internet. Na guía práctica de hoxe queremos ensinarche a que pidas cita sen gastar cartos co teléfono e sen perder tempo en desprazamentos innecesarios ao teu centro médico. Dende o teu ordenador, na túa casa.

Para facer esta operación imos a precisar dúas cousas:

1.- Estar diante do ordenador e acceder a esta web. Dende o teléfono móbil tamén o poderías facer, pero a web non está optimizada para estes terminais, polo que aconsellamos que empregues un ordenador

2.- Ter a tarxeta sanitaria a man, xa que é o método de acceso máis común.

O primeiro que debes facer é seleccionar como vas a acceder ao sistema; podes facelo cun certificado dixital, se o tes instalado no teu ordenador, ou co teu número da tarxeta sanitaria.

Ollo coa opción da tarxeta sanitaria, porque hai dous modelos de tarxetas e tes que fixarte ben en cal é o teu modelo! (fíxate na foto)

sergas2

 

Unha vez dentro do sistema, podes escoller as seguintes opcións:sergas1Modificar unha cita existente: no caso de ter unha cita previamente acordada, poderás entrar na cita para consultala (se non te lembras da data, por exemplo), modificala (porque che vai mal esa data e prefires outra) ou anulala (porque xurdiu un imprevisto e non podes acudir á cita)

Solicitar unha nova cita: esta adoita ser a opción máis empregada. No caso de empregar esta opción debemos seleccionar cal é o servizo que precisamos. Actualmente, os servizos habilitados dende a solicitude de citas por ordenador están: Medicina de familia (ou médico de cabeceira), Enfermaría, Matrona, Odontoloxía, Traballo Social, Farmacia Atención Primaria e Hixiene Bucodental.

sergas3

O servizo máis empregado é o de consulta de Medicina de familia, onde deberemos realizar unha nova selección

  • CONSULTA: Solicitude de consulta por enfermidade.
  • RECEITA: Solicitude de consulta para emisión de receitas.
  • RENOVACIÓN PRESCRICIÓN IT – ALTA IT: Alta ou renovación da prescrición IT

Logo da selección do servizo, so resta seleccionar a data que máis se axeite ás nosas necesidades e marcar un horario dentro da franxa establecida.

sergas5

Logo deste paso hai unha confirmación final; se consideras que a túa cita se pode atender por teléfono, así será. Do contrario, podes finalizar o proceso de solicitar cita premendo en “confirmar” para gravar a túa cita.

Algúns consellos finais

  • Lembra facer este tipo de consultas dende un ordenador privado (sempre que sexa posible).
  • Anota en papel a cita ou imprime a confirmación final. Será útil para non esquecerte dela.
  • Aínda mellor, crea un evento no calendario do teu móbil para non esquecerte.

Sabías que se podía pedir cita médica por internet? Xa empregaras este servizo? Cóntanos a túa experiencia!

2 comentarios

  1. xentedixital

    Ola Guadalupe. Grazas polo teu comentario!
    En respuesta á túa dúbida, segundo figura en http://www.sergas.es/Tarxeta-sanitaria/Informaci%C3%B3n-Xeral?idioma=gl&print=1

    “A tarxeta sanitaria está vixente mentres o cidadán /á consta de alta no Sistema de Información de Tarxeta Sanitaria. Dende o ano 2011, as tarxetas sanitarias que caducan a partir do 1 de febreiro seguen vixentes como documento acreditativo.
    Dende setembro de 2014 a tarxeta sanitaria galega está adaptada ao novo formato de tarxeta sanitaria nacional, coexistindo os dous modelos ata a substitución de todas as tarxetas sanitarias do antigo formato en circulación.”

    Esperamos que isto satisfaga a túa curiosidade.
    Saúdos!

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.