Dende o ano 2010 celébrase, sempre coincidindo co cuarto luns do mes de xaneiro, o “día do Community Manager”, unha data que se lle atribúe ao consultor Jeremiah Owyang, na que se pon en valor a figura dos profesionais da xestión de redes sociais e de calquera tipo de comunidade virtual.
Esta é unha maneira de agradecer o labor dos profesionais do sector, habitualmente espectadores de primeira fila, para convertelos en protagonistas durante un día. Este ano, a data sinalada é o 25 de xaneiro.
O evento celébrase en todo o mundo, tamén en Galicia.
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo organiza unha xornada chamada “Social Media Day” na que diversos expertos en redes sociais en diferentes ámbitos analizan a realidade do sector e achegan a súa experiencia como profesionais do campo.
Ao longo de catro mesas temáticas, abórdase a experiencia das redes sociais en eidos tan diferentes coma os novos medios dixitais, o turismo e a gastronomía, a estratexia dixital e a influencia nas marcas.
Se vos interesa o evento tamén o podedes seguir en streaming a través da plataforma Uvigo TV
Coñeces a algún community manager? Non te esquezas de felicitalo hoxe!



Pingback: O mellor do mes de xaneiro en Xente Dixital - Xente Dixital