Microsoft quere que teñamos os seu Surface por unha cota ao mes

Co rápido avance do hardware que temos estes días, é fácil atoparnos con que aos poucos meses de comprar un dispositivo, este quedou desactualizado e o noso investimento foi un pouco en balde.

Microsoft quere abrir novos modelos de negocio e presentou  Surface  All Access, unha nova maneira de adquirir os seus dispositivos  Surface e o software asociado. Como? Pois a través dunha cota mensual que nos permitiría ter un dispositivo  Surface, accesorios e unha subscrición a Office 365, todona mesma foerta

A subscrición vai comezar a estar dispoñible en Estados Unidos o 16 de outubro a partir 25 dólares ao mes (sen intereses). Baixo este prezo poderemos adquirir unha  Surface  Go e a subscrición mensual a Office 365. A subscrición dura 24 meses, tras a cal nos poderemos quedar o dispositivo pero, se queremos seguir usando o software, teremos que pagar a cota mensual que teña asociada. Da mesma maneira, Microsoft  All Access está dispoñible tamén para outros dispositivos como o novos Prol 6, que se poden adquirir por 48 dólares ao mes.

Por agora non se sabe se este novo modo de adquirir hardware e software de maneira conxunta chegará a Europa, pero é de esperar que se funciona ben alén do charco, os de  Redmond o poñan aquí o que sería boas noticias para todo aquel que queira un dispositivo  Surface.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.