MyBulling axuda a detectar o acoso escolar

MyBulling é unha ferramenta desenvolta pola Universidade Complutense de Madrid que detecta o acoso escolar en dez minutos. O programa, que se probou en miles de estudantes dende o ano 2005, xera un mapa social da clase e propón medidas para evitar o illamento dos estudantes máis vulnerables.

mybulling

O acoso escolar non consiste unicamente nas agresións (físicas ou verbais). Tamén consiste no rexeite de compañeiros de clase. Para previr este tipo de condutas, investigadores da facultade de Psicoloxía da Universidade Complutense de Madrid (UCM) desenvolveron o programa Mybullying, un cuestionario online de aplicación colectiva co que se xera un mapa da rede social da aula e se indican pautas de intervención.

A ferramenta comeza a aplicarse este mes en 700 centros educativos de la Comunidade de Madrid, co obxectivo de poder amplialo aos aproximadamente 2.000 centros de toda a Comunidade durante el próximo curso.

Nuns dez minutos, os alumnos responden a preguntas como: “Quen son os teus amigos dentro da clase”, “Con quen te xuntas habitualmente?”, “Con quen non adoitas relacionarte?”, “A algún compañeiro ou compañeira, péganlle ou maltratan fisicamente?”, “fancho a ti?”

Con estas respostas, a ferramenta xera un mapa social de clase no que se representan os posibles casos de acoso escolar. Cada alumno represéntase cunha icona e agrúpase en función das respostas dadas nos cuestionarios, de maneira que se presentan os subgrupos formados na aula, e os alumnos illados e rexeitados. Estes estudantes que se atopan separados son os susceptibles de sufrir acoso escolar.

A colocación da clase serve para previr o acoso. Por iso, Mybullying propón situar ao estudante vulnerable entre os compañeiros elixidos, sen separar a estes dos seus amigos, para que todos estean a gusto.

Fonte: Universidade Complutense de Madrid

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.